
Adellís naceu en novembro de 1997 coa intención de dinamizar actividades culturais alternativas no Concello de Silleda.
Temos realizado numerosos eventos, musicais, cinematográficos, teatrais, artesanais, deportivos, etc.. Como colectivo tamén social, comprometido coa memoria, entre as nosas reivindicacións máis relevantes atópanse:
- Retirada do rueiro do Concello de Silleda, de todos os nomes e simboloxía franquista e fascista existente: en Silleda, Rúas General Franco e José Antonio, e todas aquelas que gardan tamén certas connotacións co réxime: na Bandeira, Rúas Iryda e Ppo.
- Retirada da simboloxía franquista ao pé das igrexas: p. Ex.: Monolito aos Caídos por Dios y por España, na Igrexa de Silleda, e algunhas outras de varias parroquias do noso Concello.
Un dos nosos obxectivos é a difusión dos aspectos biobibliográficos dos nosos autores locais, entre os que se encontran: Alonso Ríos, Valenzuela Otero, O Pintor Manuel Colmeiro...
- Temos organizado Actos de Homenaxe a diversos represaliados: Castelao no cincuentenario do seu falecemento. Aos políticos e autores locais, Antón Alonso Ríos e Ramón de Valenzuela no seu XXVº cabodano.
- Reedición do xornal “La República” de Silleda (1932)
Conferencia do Guerrilleiro antifranquista “Quico”.
- Edición do cartafol "José María Fernández Colmeiro: Doutor contra o cancro fascista".
Colaboramos coa Comisión pola Memoria “Siñor Afranio”.
Na sesión plenaria do Concello de Silleda do pasado xoves 24 de Abril fíxose oficial a supresión e renomeamento do rueiro fascista de Silleda. Cos votos favorábeis do BNG (1), PSOE (6) e a abstención do PP, o Concello aprobou a proposta da Comisión creada para o efecto e que se levaba reunindo desde o mes de Setembro. Nela participaron activamente con rigorosidade, criterio e dinamismo nas propostas Adellís Asociación Socio-Cultural de Silleda e a Comisión pola Memoria Siñor Afranio, alén dos partidos políticos e algúns outros colectivos da localidade.
Celebramos enormemente o compromiso do PSOE e o BNG de acatar o decidido por consenso na comisión foi efectivo e o resultado é, por fin, histórico, polo que levamos a traballar desde hai dez anos e que en anteriores lexislaturas só fora proposto e defendido, en exclusiva e unicamente, polos concelleiros do BNG.
Logo de máis de 50 de fascismo nas rúas, procedeuse ás seguintes mudanzas
- Rúa General Franco por Rúa do Trasdeza
- Rúa José Antonio por Rúa do Progreso
Alén disto, Alonso Ríos terá unha rúa na até agora denominada San Isidro e o "Siñor Afranio" para a chamada Praza do Cuartel, onde conflúe a anteriormente citada.
Na vila trasdezá da Bandeira tamén se decidira xa nun pleno precedente realizar os seguintes cambios:
- Ruá Iryda por Rúa Ramón de Valenzuela
- Rúa PPO por Rúa do Parque