
A Asociación Cultural Altofalante nace en agosto de 2005 en Ribeira (Barbanza) coa finalidade de dinamizar social e culturalmente Ribeira. Xunto coa difusión e creación cultural en todas as súas manifestacións, tamén desenvolve actividades de promoción lingüística.
Outra das súas liñas de traballo, é a recuperación da memoria histórica en Ribeira. De xeito máis concreto centra o seu traballo na figura do xornalista ribeirense Manuel Lustres Rivas.