
Asociación cultural que entre as súas actividades destacan as relacionadas coa recuperación da memoria histórica de Galicia.
"O Canto do Galo segue musicando o noso idioma, a nosa Historia; a nosa Cultura.
Pasaron 50 anos desde o nascente canto. E seguimos cantando
policromadamente á cultura galega. Seguimos querendo activar aos galegos
e galegas que conscientemente son coñecedores de que as persoas temos
necesidade de contar cunha identidade propia para ser alguén. Témola os
galegos, enraizada na nosa historia colectiva; da cidade e da Galiza.
Hoxe renovamos o canto con ganas de danzar e cantar con todos os
santiagueses, con todos os que están extramuros da cidade. Amigas,
amigos; que o canto do Galo floreza vibrantemente nos nosos sentidos.
Brinquemos coa súa melodía facedora de persoas amorosas pola cultura,
polo idioma, pola historia; polo xénero humano. Vida sempre, a quen vida
nos dá.
¡Canta, canta amado Galo!"
(Texto da portada de http://acogalo.net)