"O Faiado da Memoria" constitúese en comisión para a investigación e recuperación da memoria da guerra civil e da represión franquista en Vilagarcía de Arousa.
A través dunha intensa actividade cultural e social, lembran e conservan a memoria dos veciños da súa comarca que foron vilmente fusilados, paseados e represaliados a partir do verán do 1936.