
A Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, constitúese en xullo de 2004, a iniciativa da Unión do Povo Galego (UPG) cadrando coa celebración dos seus corenta anos de existencia. Como Fundación de interese galego sen ánimo de lucro, ten personalidade xurídica propia e capacidade de obrar nos termos previstos pola Lei, sendo clasificada de intersese cultural e declarada de interese galego por orde da Consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 23 de novembro de 2004 (D.O.G. 17/12/2004). Inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego co número 2004/20.