Seguimento da prensa diaria relacionada coa recuperación da memoria da represión.
Ferrán Casas, Público
A Nosa Terra.
A Casa Galega da Cultura acolleu a presentación de Placeres Castellanos, o novo título da colección Mulleres de Edicións A Nosa Terra. A súa autora, Elsa Quintas Alborés, recupera a memoria desta galega que participou en Francia na Resistencia e que se viu dobremente castigada pola guerra, coas mortes do seu home e de tres dos seus fillos por unha parte, e co exilio forzoso en Francia pola outra.[...]
GZnación.
Nas estradas, nun domicilio, en beirarrúas, fronte ao cemiterio... mortos pola maneira de pensar, os asasinados finaron proscritos de calquera legalidade e permaneceron esquecidos durante décadas por algo que pasou non hai tanto tempo. 30 asasinados no concello de Mos entre o ano 1936 e 1945 recibirán unha homenaxe de “xustiza histórica”, un acto de lembranza no que se descubrirá unha escultura para lembrar sempre ás vítimas locais do alzamento fascista e a ditadura de Francisco Franco.[...]
Jesús Ruiz Mantilla, El País