Compilación de prensa periódica con referencia á actividade do Proxecto.
Galicia-Hoxe, 13 de febreiro de 2007
A exposición Illa da Memoria chega hoxe ao Instituto de Educación Secundaria (IES) Castelao de Vigo para dar a coñecer a represión franquista. A mostra, que se puido ver no 2006, declarado Ano da Memoria, na propia illa, comeza agora un percorrido que a levará por varias localidades galegas. Ata o 20 de febreiro, os visitantes atoparán no centro de ensino vigués imaxes e documentos que dan conta do acontecido en Galicia durante a ditadura, na que a Illa de San Simón, situada na ría de Vigo, se convertera nun cárcere polo que pasaron máis de 5.000 presos políticos. Promovida pola Consellería de Cultura, a exposición conta con arquivos, documentos da época, imaxes, debuxos, poemas e cartas dos propios reclusos.
redesescarlata.org, 12 de febreiro de 2007
‘‘As Redes Escarlata queren mostrar a súa solidariedade con Dionísio Pereira. E queren sumarse a el na denuncia de todos e cada un dos fascistas que deberían ocupar asento no banco de acusados por Crime contra a Humanidade.(..)’’
El País, 12 de xaneiro de 2007
O documental Noticias de una guerra narra os tres anos que transcurren entre o 1 de xaneiro de 1936, cando o presidente da República convoca eleccións xerais, ata o 1 de abril de 1939, cando o exército rebelde proclamou a súa victoria final.
La Voz de Galicia, 11 de xaneiro de 2007
Cómo eran as prisións auspiciadas polo réxime franquista en Galicia a partir de 1936 e ata 1945. Esa é unha das cuestións que desvela na súa tese doutoral o profesor da Universidade de Vigo Domingo Rodríguez Teijeiro, que mañá presentará na facultade de Historia o seu traballo de investigación ante o tribunal encargado de avalialo.
La Voz de Galicia, 8 de xaneiro de 2007
Os tres primeiros números foron atopados na casa dun ex alcalde republicano de
Lugo