Compilación de prensa periódica con referencia á actividade do Proxecto.
El País, 28 de marzo de 2007
Michal Bron, que combatiu nas Brigadas
Internacionais, teme que o anticomunismo do Goberno polaco lle deixe sen pensión
Galicia-Hoxe, 28 de marzo de 2007
Do 13 ao 15 de abril celébranse en Cacheiras as xornadas Enrique Líster, a longa viaxe dun home de Ameneiro. Neira Vilas, Ferrín, Ramón Villares ou Gabriel Cardona son algúns dos participantes no ciclo, que inclúe unha mesa redonda -día quince- coa presenza de Carmina Líster, Díaz Pardo e Alonso Montero, entre outros. Tamén se fará un avance do filme sobre Líster de Margarita Ledo Andión.
La Voz de Galicia, 28 de marzo de 2007
O Edificio de Ferro que acolle durante toda a xornada de hoxe -coa excepción da conferencia que Mercedes Vilanova impartirá ás 20 horas no Ateneo baixo o título Historia, memoria e fontes orais- as sesións do primeiro día de actividades do congreso internacional A Raia: 1936 - 1952. Historia e Memoria.
La Voz de Galicia, 28 de marzo de 2007
José Sueiro Martínez e Antonio Vázquez Martín convirtieronse onte en protagonistas grazas á Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e á federación de ensinanza de Comisiones Obreiras de Ourense
La Voz de Galicia, 28 de marzo de 2007
O día 3 iniciaranse as xornadas da República, cunha conferencia da directora do Museo Etnolóxico sobre o arte de vanguardia nesta etapa histórica e continuarán o 9 cunha disertación do escritor Raúl Soutelo sobre o agrarismo en O Ribeiro.
O día 10 cambiarán de esceario, deixan o museo, e trasladanse ao consistorio para expoñer experiencias dos médicos represaliados da provincia de Ourense.