Xornada: V Encontro O Son da Memoria: As coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital
Mesa: "Os Arquivos nas Universidades Galegas"
Participan: Lourenzo Fernández Prieto (Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela), Francisco Fernández Rei (Instituto da Lingua Galega) e Camiño Noia (Universidade de Vigo). Modera: Antón Santamarina.
Organiza: Consello da Cultura Galega
O encontro será dun día de duración e nel contarase coa presenza de representantes de arquivos de medios de comunicación, universidades e institucións galegas e mais de grupos de recompilación etno-musical para debater as novas realidades e estudar as formas de coordinación posibles entre os diferentes arquivos en prol da rendibilidade da documentación dispoñible. A asistencia ao encontro é libre e gratuíta. As prazas ocuparanse por estrita orde de inscrición ata completar a capacidade do auditorio (120 persoas). Para asistir é preciso confirmar asistencia neste correo electrónico ou no seguinte formulario habilitado no sitio oficial do Consello da Cultura Galega
Engadir ao meu Google Calendar