17
Abr 2012
O luns día 16 de abril, o investigador e economista Dionisio Pereira presenta o seu último libro: José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela, editado pola Fundación 10 de Marzo.
A
presentación contará coa presenza do autor que estará acompañado polo
profesor Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto 'Nomes e Voces'
para impartir a conferencia: “José Pasín Romero, O Asociacionismo obreiro en Compostela”.
O acto, organizado polo Ateneo de Santiago de Compostela, terá lugar na Fundación Novacaixagalicia Claudio San Martín (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela) ás 20.00 horas
Engadir ao meu Google Calendar
17 de abril de 2012 |  ás 20.00 horas |  Fundación Novacaixagalicia Claudio San Martín (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)