Adellis. Asociación socio-cultural de Silleda

Adellis. Asociación socio-cultural de Silleda

Adellís naceu en novembro de 1997 coa intención de dinamizar actividades culturais alternativas no Concello de Silleda.

Temos realizado numerosos eventos, musicais, cinematográficos, teatrais, artesanais, deportivos, etc.. Como colectivo tamén social, comprometido coa memoria, entre as nosas reivindicacións máis relevantes atópanse:

- Retirada do rueiro do Concello de Silleda, de todos os nomes e simboloxía franquista e fascista existente: en Silleda, Rúas General Franco e José Antonio, e todas aquelas que gardan tamén certas connotacións co réxime: na Bandeira, Rúas Iryda e Ppo.

- Retirada da simboloxía franquista ao pé das igrexas: p. Ex.: Monolito aos Caídos por Dios y por España, na Igrexa de Silleda, e algunhas outras de varias parroquias do noso Concello.

Un dos nosos obxectivos é a difusión dos aspectos biobibliográficos dos nosos autores locais, entre os que se encontran: Alonso Ríos, Valenzuela Otero, O Pintor Manuel Colmeiro...

- Temos organizado Actos de Homenaxe a diversos represaliados: Castelao no cincuentenario do seu falecemento. Aos políticos e autores locais, Antón Alonso Ríos e Ramón de Valenzuela no seu XXVº cabodano.

- Reedición do xornal “La República” de Silleda (1932)

Conferencia do Guerrilleiro antifranquista “Quico”.

- Edición do cartafol "José María Fernández Colmeiro: Doutor contra o cancro fascista".

Colaboramos coa Comisión pola Memoria “Siñor Afranio”.

 

Noticias desta asociación

Actos na lembranza de Ramón Valenzuela

Actos na lembranza de Ramón Valenzuela

O vindeiro mércores 23 de xullo teremos actos na lembranza de Ramón de Valenzuela.

O programa da xornada,`Unha rúa na súa vila´, é o que segue:

- 1º: Acto cívico ás 20 horas na Praza da Feira da Bandeira coa participación de Mariví Villaverde (viúva do autor); Xosé Neira Vilas (escritor e académico) e Luís Bará (Director Xeral de Creación e Difusión Cultural)

Logo procederase á inauguración da Rúa Ramón de Valenzuela.

- 2º: Acto de homenaxe na Casa da Viña, parroquia de Manduas. Descuberta de placa conmemorativa na casa natal.

18 de xullo de 2008

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez