Asociación Cultural Barbantia

Asociación Cultural Barbantia

"Barbantia" é unha asociación cultural formada por máis de douscentos cincoenta socios: escritores, mariñeiros, pintores, fotógrafos, escultores, amas de casa, estudantes, obreiros, profesores e empresarios, entre outros. Persoas todas que pensan e queren seguir pensando o lugar onde viven.

A razón de ser da Asociación non era outra que intentar cubrir un baleiro cultural na nosa bisbarra, que se complementase con outras iniciativas de carácter cultural, deportivo, asociativo, educativo. Conscientes de que unha comarca co pulo socioeconómico do Barbanza debía ter, en correspondencia, un tecido cultural feito desde e para os cidadáns, á marxe de intereses particulares, profesionais, económicos ou políticos, "Barbantia" arrimouse a unha chea de obxectivos primeiros que, finalmente, foron acadados: Edición dun anuario de Estudos do Barbanza, Encontro de Creadores do Barbanza, Exposición de Pintores do Barbanza, Edición mensual do suplemento A Voz de Barbantia que publicamos con La Voz de Galicia, Creación da Páxina Web (www.barbantia.org), Presentacións de Libros, organización da Semana da Cultura Galega Actual, seminarios, creación da "biblioteca barbantia", proxectos para o Ano da memoria, etc.

Presidente: Antón Riveiro Coello

Enderezo postal:
Centro Social de Boiro
Rúa Principal, 77 4º
15930 Boiro (A Coruña)


Teléfono(s):
981842635

Correo-e:
info@barbantia.org
barbantia@barbantia.org

Web:
www.barbantia.org

Email: info@barbantia.org

Páxina web: http://www.barbantia.org

 

Noticias desta asociación

Presentación literaria no IES Virxe do Mar de Noia

Presentación literaria no IES Virxe do Mar de Noia

A Asociación Cultural Barbantia e a ´Casa da Gramática´ (Revista de Creación Literaria e Cultura) convidanvos á presentación literaria que terá lugar na aula Álvaro de las Casas, do IES Virxe do Mar (Noia) o venres 11 de xaneiro a partir das 8 e media da tarde.

Nesta xornada, organizada coa colaboración da Consellaría de Cultura e Deporte, presentarase ao público o nº 30 da publicación e o libro ´Voces na Historia´ , que recolle as actas da V Semana da Historia de Noia, organizadas, en colaboración co Concello de Noia, na pasada primavera. Participarán neste acto Xerardo Agrafoxo, historiador e socio de Barbantia, o alcalde de Noia, Rafael G. Guerrero e a concelleira de cultura, Loli Caramés.

· www.barbantia.org >>

9 de xaneiro de 2008

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez