Asociación Cultural "Cultura Aberta"

A Asociación "Cultura Aberta" constitúese para promover a cultura en Galicia, a prol da lingua galega e da historia recente do país. Deste xeito, entre as súas actividades destacan o fomento do uso da lingua galega, os obradoiros e iniciativas de recuperación da nosa tradición, así como a interese pola memoria do pasado da nosa historia, celebrando actos en torno á recuperación da da memoria da represión franquista.

R/Víctor Velasco nº1 - entrechán A
15175 - Carral (A Coruña)

Teléfono:
981671321

Email: culturaaberta@hotmail.com

Páxina web: http://wwwculturaaberta.es

 

Noticias desta asociación

A asociación cultural "cultura aberta", proxectará a película "Rocio"

A asociación cultural "cultura aberta", proxectará a película "Rocio"

 A asociación cultural "cultura aberta", proxectará a película "Rocio", acompañada dunha charla coloquio que deseguido manterase co seu director Fernando Ruíz Vergara.

 Fernando Ruíz Vergara, despois do seu autoexilio en Portugal, estará por primeira vez en Galicia, e será na Casa da Cultura de Carral o vindeiro venres 15 de outubro, ás 8:30 do serán.

"Cultura aberta" ofrecevos a todos/as unha oportunidade única de manter unha conversa co director de "Rocio", facéndolle todas cantas perguntas estimedes oportunas e acadando saber máis da súa vida antes e despois de dirixir este filme.


11 de outubro de 2010

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez