
Asociación creada en Celanova co espirito de dialogar entre os limes do coñecemento cultural e histórico, atenta ao contexto.
Presidente: Aser Álvarez González
Secretario: Antonio Hernández Fernández
Tesoureira: M. Tareixa Vázquez Abades
Vogais: Enrique Moreiras Ingelmo, Xulio García Golpe, Xoan Carlos Domínguez Alberte, Alicia Meléndez Sousa e Félix Alonso Gómez
Enderezo: A Granxa de Amoroce, 23, 32817 Celanova (Ourense)
Teléfono(s): 679 293 290
E-mail: arraianos@arraianos.com Pax. Web: www.arraianos.com
www.cadernoarraiano.blogspot.com
Email: arraianos@arraianos.com
Páxina web: http://www.arraianos.com

A Asociación Arraianos presenta o sábado, día 27 de decembro ás 11.00 h un
libro coeditado coa Asociación
Alvarellos Editora, que leva por título "Represión, solidariedade e resistencia antifranquista. Homenaxe aos mártires do Furriolo".
O acto contará coas intervencións de Xosé
Luís Méndez Ferrín, autor dun dos
artigos da publicación; Carlos Pereira,
neto do Celso de Poulo, alcalde
republicano de Gomesende asasinado
polos fascistas en agosto do 36 no Alto
do Furriolo; Xulio Medela, redactor e
coordinador da sección de cinema e
audiovisual da revista Arraianos; e Aser
Álvarez, director da mesma e
coordinador da obra.
Tras dita presentación, proxectarase o material
audiovisual que acompaña a
publicación: a videocreación Noutrora,
da artista celanovesa Xudit Casas, e o
documental Homenaxe a Elixio
Rodríguez. O aviador arraiano, do vigués Afonso Fernández.
Ás 19.00 h, presentarase tamén o documental "San Salvador", de Patricia Nogueira, sobre os tempos en que o Mosteiro de Celanova serviu como prisión, coa presenza dalgúns dos seus protagonistas e colaboradores neste proxecto.