
“Verbo Xido” nace no mes de maio de 2001 coa finalidade de promover actividades de tipo cultural, etnográfico e medioambiental nos Concellos da Terra de Montes.
Entre os seus obxectivos é de salientar a promoción, potenciación e desenvolvimento do Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO) e tamén as propostas dirixidas a crear unha maior conciencia medioambiental na zona e á recuperación da memoria histórica da bisbarra.
Para iso organiza anualmente as Xornadas denominadas “Terra de Tod@s” a carón de conferencias, debates e mesas redondas, roteiros, actuacións musicais, publicación e presentación de libros e proxección de audiovisuais. Ademáis edita un Boletín trimestral e mantén relacións fraternais con outros colectivos das comarcas de Tabeirós, Deza, Cuntis ou Cotobade.
Lola Varela Salgado- Presidenta
Enderezo: Camiño do Pouso 2, 36560
Soutelo de Montes
(Forcarei - Pontevedra)
Teléfono(s):
986-753412/607711182
E-mail:
antenor53@yahoo.es
Pax. Web:
www.cetmo.trazantes.com
Email: verboxido@yahoo.es
Páxina web: www.cetmo.info
En relación cos procesos xudiciais que afectan ós membros da asociación DIONISIO PEREIRA GONZALEZ e ALFREDO GONZALEZ RUIBAL, promovidos pola familia Gutiérrez Nieto en base a publicacións e manifestacións por eles efectuadas, acordouse, por unanimidade, abrir unha conta bancaria para recaudar fondos cos que axudar a defensa xurídica dos nosos compañeiros.
Dende dita conta poderánse facer pagamentos de asistencia xurídica, multas, indemnizacións e outros que se deriven das causas abertas, debendo ser todos os cargos asinados polo presidente e o tesoureiro da Asociación.
O número de conta é:
Animámosvos a facer as vosas achegas e a difundir a existencia da conta entre os vosos achegados.
* Se ó final dos procesos xudiciais existise saldo nesa conta, aplicarase de forma sucesiva aos seguintes fins:
- Primeiro.- Devolución ás persoas que colaboraron que o soliciten no prazo que no seu momento se estableza, en proporción ó aportado por cada un en relación co total recadado.
- Segundo.- Entrega a asociacións ou colectivos, que defendan causas semellantes as que levaron ao banquiño aos nosos compañeiros.
- Terceiro.- Entrega a unha entidade sen ánimo de lucro cuxos fins sexan concordantes cos da asociación Verbo Xido.