Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes Verbo Xido

Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes Verbo Xido

“Verbo Xido” nace no mes de maio de 2001 coa finalidade de promover actividades de tipo cultural, etnográfico e medioambiental nos Concellos da Terra de Montes.

Entre os seus obxectivos é de salientar a promoción, potenciación e desenvolvimento do Centro Etnográfico de Terra de Montes (CETMO) e tamén as propostas dirixidas a crear unha maior conciencia medioambiental na zona e á recuperación da memoria histórica da bisbarra.

Para iso organiza anualmente as Xornadas denominadas “Terra de Tod@s” a carón de conferencias, debates e mesas redondas, roteiros, actuacións musicais, publicación e presentación de libros e proxección de audiovisuais. Ademáis edita un Boletín trimestral e mantén relacións fraternais con outros colectivos das comarcas de Tabeirós, Deza, Cuntis ou Cotobade.

Lola Varela Salgado- Presidenta

Enderezo: Camiño do Pouso 2, 36560
Soutelo de Montes
(Forcarei - Pontevedra)

Teléfono(s):
986-753412/607711182

E-mail:
antenor53@yahoo.es

Pax. Web:
www.cetmo.trazantes.com

Email: verboxido@yahoo.es

Páxina web: www.cetmo.info

 

Noticias desta asociación

Presentación do libro 'Álbum de Guerra'

Presentación do libro 'Álbum de Guerra'

O venres, 6 de xuño, ás 8 da tarde, na Galería Sargadelos, rúa da Oliva en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro "Álbum de Guerra. Canteiros da Terra de Montes no exército popular da República".

Nesta publicación, un vello cenetista de Cerdedo, Roxelio Arca Rivas, amósanos toda unha colección de fotografías que Roxelio tomou coa súa cámara fotográfica na fronte de Madrid no ano 1937; estes negativos conservounos estes setenta anos nos que, con toda dignidade, tivo que sufrir a represión do réxime franquista. Non só conservou as fotos senón escritos que nos achegan ao horror daquela guerra.

Esta impagable documentación complétase cun documentado estudo do historiador Dionisio Pereira que enmarca a participación de moitos traballadores da Terra de Montes como milicianos do exército popular republicano.

A publicación, magnificamente editada pola Difusora de Letras, Artes e Ideas e a asociación Verbo Xido, constitúe un documento imprescindible na recuperación da memoria da guerra.

Sempre con Vós.Cidadanía pola Verdade de Pontevedra e Verbo Xido de Cerdedo, convidan a toda a cidadanía pontevedresa a asistir a este acto no que intervirá Dionisio Pereira e terá lugar a proxección de fotografías de Álbum de Guerra.

30 de maio de 2008

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez