Asociación para a recuperación da Memoria Histórica e Defensa do Patrimonio inmaterial de Teo, A Oliveira

Asociación para a recuperación da Memoria Histórica e Defensa do Patrimonio inmaterial de Teo, A Oliveira

Despois do ano 2005 organizar a Asociación Niño do Vento deste concello de Teo unhas xornadas sobre Constante Liste, Tenente de Alcalde a altura do ano 1936, encadeado e asasinado, sen que ata a data aparecera o seu cadáver, un grupo plural de veciñas e veciños que colaboraron na organización destas xornadas, atendendo ao interese que espertou a súa celebración, decidiron fundar A Oliveira e poñerse a traballar nos eidos de defensa do Patrimonio e de recuperación da Memoria Histórica de Teo e comarca, infelizmente silenciada e manipulada desde os anos do fascismo ate hoxe..

A Oliveira é o nome do lugar onde apareceron tres cadáveres de “paseados” nos anos da guerra.

Presidenta: María Luísa Miras Gómez

Vicepresidenta: Pilar Buela Piedra

Secretario: Xosé Luís Santos Cabanas

Tesoureiro:José Salvador Pardo Martínez

Enderezo:
Ameneiro, Calo, 15866, Teo.

Teléfonos:
678 938 368
656 958 265
981 805 601

· E-mail:
memoriateo@gmail.com

· Web:
www.memoriateo.blogspot.com

http://memoriateo.blogspot.com/

Email: memoriateo@gmail.com

Páxina web: http://www.memoriateo.blogspot.com/

 

Noticias desta asociación

O vindeiro venres día 17 de outubro, ás 20.00 h, celebrarase na Mediateca Municipal O Grilo de Cacheiras, un novo acto da Asociación Oliveira de Teo de recuperación de memoria, baixo o título de "Escola republicana versus escola fascista".

A xornada está dedicada ao papel da escola nas épocas da II República Española, e no réxime ditatorial que se instaurou despois do trunfo dos militares do exército de Franco.

Co título “Escola republicana versus escola fascista”, Anxo Serafín Porto Ucha, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC, chegarase á realidade escolar destes períodos.

O profesor Porto Ucha coñece de primeira man o ensino, pois exerceu de mestre en distintos lugares do país. O seu labor investigador levouno á publicación de libros, como o que recolle a súa tese de doutoramento, La Institución Libre de Enseñanza en Galicia, que son referencia para o coñecemento da evolución do ensino no noso país ata o 1936. Tamén é autor de obras que estudan a vida e a represión dos mestres na provincia de Pontevedra (Historias de vida: o maxisterio pontevedrés na Segunda República, guerra civil e comenzos do franquismo, ou Mestras e mestres pontevedreses depurados polo franquismo : primeiras accións represivas e estudo por Concellos no sur da provincia : (1936-1942), entre outras publicacións que tocan aspectos diversos no campo do ensino.

Este novo acto enmárcase dentro das xornadas que a Oliveira dedica á recuperación de memoria, na procura de coñecer e divulgar como se concibía o ensino durante a República Española, e como o entenderon as forzas que se fixeron co poder despois da cruenta rebelión militar do 1936.

15 de outubro de 2008

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez