
Despois do ano 2005 organizar a Asociación Niño do Vento deste concello de Teo unhas xornadas sobre Constante Liste, Tenente de Alcalde a altura do ano 1936, encadeado e asasinado, sen que ata a data aparecera o seu cadáver, un grupo plural de veciñas e veciños que colaboraron na organización destas xornadas, atendendo ao interese que espertou a súa celebración, decidiron fundar A Oliveira e poñerse a traballar nos eidos de defensa do Patrimonio e de recuperación da Memoria Histórica de Teo e comarca, infelizmente silenciada e manipulada desde os anos do fascismo ate hoxe..
A Oliveira é o nome do lugar onde apareceron tres cadáveres de “paseados” nos anos da guerra.
Presidenta: María Luísa Miras Gómez
Vicepresidenta: Pilar Buela Piedra
Secretario: Xosé Luís Santos Cabanas
Tesoureiro:José Salvador Pardo Martínez
Enderezo:
Ameneiro, Calo, 15866, Teo.
Teléfonos:
678 938 368
656 958 265
981 805 601
· E-mail:
memoriateo@gmail.com
· Web:
www.memoriateo.blogspot.com
http://memoriateo.blogspot.com/
Email: memoriateo@gmail.com
Páxina web: http://www.memoriateo.blogspot.com/

Este sábado, 7 de xuño, ás 20,30 horas, a asociación A Oliveira de Teo e a asociación Anxel Casal de Arzúa, no edificio Sociocultural María Mariño de Arzúa, celebran un acto sobre o teense Benjamín Salgado Uribe, alcalde de Carbia no ano 1936, que foi veciño de Arzúa, como home libre e como home perseguido polo fascismo, durante grande parte da súa vida.
Neste acto, o público asistente poderá facerse co número dous da "Voandeira da Oliveira", monográfico dedicado a este alcalde natural de Teo, e falarán Ramón Arufe, que estudou a figura de Benjamín Salgado Uribe, e Manuel Igrexas, filósofo, profesor e historiador, que investigou a fondo a época republicana e a represión posterior ao ano 1936 na comarca do Deza.
Benjamín Salgado Uribe naceu no ano 1889 en Vilar, parroquia de Cacheiras, concello de Teo. Como tantos galegos, Benjamín coñeceu a emigración.: traballou en La Habana e percorreu América, desde os Estados Unidos até Bos Aires, traballando de xornalista.
Ao regreso a Galicia participou no rico tecido asociativo da II República e como consecuencia do trunfo do Frente Popular foi elixido alcalde. Despois da rebelión militar do 18 de xullo, o mesmo día 19 trasládase a Pontevedra, xunto con cargos sindicais e políticos do Deza, a recibir instrucións do Gobernador provincial. En vista de como se desenvolvían os acontecementos, teme pola súa vida e decide agocharse, primeiro en Compostela e despois en Arzúa. No seu refuxio enferma da tuberculose que lle causará a morte no ano 1950, apenas catro anos despois de ser indultado do delito de "rebelión militar" que el, obviamente, non cometera.