Asociación para a recuperación da Memoria Histórica e Defensa do Patrimonio inmaterial de Teo, A Oliveira

Asociación para a recuperación da Memoria Histórica e Defensa do Patrimonio inmaterial de Teo, A Oliveira

Despois do ano 2005 organizar a Asociación Niño do Vento deste concello de Teo unhas xornadas sobre Constante Liste, Tenente de Alcalde a altura do ano 1936, encadeado e asasinado, sen que ata a data aparecera o seu cadáver, un grupo plural de veciñas e veciños que colaboraron na organización destas xornadas, atendendo ao interese que espertou a súa celebración, decidiron fundar A Oliveira e poñerse a traballar nos eidos de defensa do Patrimonio e de recuperación da Memoria Histórica de Teo e comarca, infelizmente silenciada e manipulada desde os anos do fascismo ate hoxe..

A Oliveira é o nome do lugar onde apareceron tres cadáveres de “paseados” nos anos da guerra.

Presidenta: María Luísa Miras Gómez

Vicepresidenta: Pilar Buela Piedra

Secretario: Xosé Luís Santos Cabanas

Tesoureiro:José Salvador Pardo Martínez

Enderezo:
Ameneiro, Calo, 15866, Teo.

Teléfonos:
678 938 368
656 958 265
981 805 601

· E-mail:
memoriateo@gmail.com

· Web:
www.memoriateo.blogspot.com

http://memoriateo.blogspot.com/

Email: memoriateo@gmail.com

Páxina web: http://www.memoriateo.blogspot.com/

 

Noticias desta asociación

Acto en lembranza de Ánxel Casal na Estivada da Ribeira, en Cacheiras

Acto en lembranza de Ánxel Casal na Estivada da Ribeira, en Cacheiras

A Asociación A Oliveira de Teo e a Fundación Castelao organizan, coa colaboración do Concello de Teo, o acto de lembranza de Ánxel Casal, de José Devesa Areosa, e de todas as vítimas da represión que sufriron tantos homes e mulleres republicanos deste país como consecuencia da sublevación militar do 1936. O acto ten lugar na Estivada da Ribeira, en Cacheiras o vindeiro martes, día 19 de agosto.

Como é sabido, o 19 de agosto de 1936, o mesmo día que mataron a Federico García Lorca en Granada, asasinaron nunha gabia de Cacheiras a Ánxel Casal Gonsenge, alcalde republicano de Santiago de Compostela. O seu corpo apareceu á beira do corpo doutro home, tamén veciño de Compostela, José Devesa Areosa.

Aínda que recoñecida, a importante figura de Ánxel Casal non é suficientemente coñecida. O seu papel no mundo da cultura galega, o seu papel político como activo militante do Partido Galeguista, e o seu incansable traballo de editor, levaron a Castelao a pronunciar a súa célebre e certeira frase: "Ánxel Casal fixo máis por Galicia que todos nós xuntos".

No acto deste ano farán unha breve lembranza de Casal estudosos da súa obra como editor, membros da Fundación Castelao e da Oliveira de Teo. Tamén estarán presentes familiares de Ánxel Casal e representantes do Concello de Santiago de Compostela, do Concello de Arzúa (terra orixinaria da familia de Ánxel Casal e lugar onde se refuxiou antes de que os sublevados o apresaran), e do Concello de Teo.

Este acto de lembranza, que rematará cunha ofrenda floral ao pé da pedra que lembra o lugar onde apareceu o seu cadáver, celebrarase na Estivada da Ribeira, Cacheiras, Teo, ás 20:30 horas.

19 de agosto de 2008

Voltar

A navalla suíza