Asociación para a recuperación da Memoria Histórica e Defensa do Patrimonio inmaterial de Teo, A Oliveira

Asociación para a recuperación da Memoria Histórica e Defensa do Patrimonio inmaterial de Teo, A Oliveira

Despois do ano 2005 organizar a Asociación Niño do Vento deste concello de Teo unhas xornadas sobre Constante Liste, Tenente de Alcalde a altura do ano 1936, encadeado e asasinado, sen que ata a data aparecera o seu cadáver, un grupo plural de veciñas e veciños que colaboraron na organización destas xornadas, atendendo ao interese que espertou a súa celebración, decidiron fundar A Oliveira e poñerse a traballar nos eidos de defensa do Patrimonio e de recuperación da Memoria Histórica de Teo e comarca, infelizmente silenciada e manipulada desde os anos do fascismo ate hoxe..

A Oliveira é o nome do lugar onde apareceron tres cadáveres de “paseados” nos anos da guerra.

Presidenta: María Luísa Miras Gómez

Vicepresidenta: Pilar Buela Piedra

Secretario: Xosé Luís Santos Cabanas

Tesoureiro:José Salvador Pardo Martínez

Enderezo:
Ameneiro, Calo, 15866, Teo.

Teléfonos:
678 938 368
656 958 265
981 805 601

· E-mail:
memoriateo@gmail.com

· Web:
www.memoriateo.blogspot.com

http://memoriateo.blogspot.com/

Email: memoriateo@gmail.com

Páxina web: http://www.memoriateo.blogspot.com/

 

Noticias desta asociación

Presentación da reedición do libro de E. Líster ´Nuestra guerra. Memorias de un luchador´

Presentación da reedición do libro de E. Líster ´Nuestra guerra. Memorias de un luchador´

Neste ano en que se cumpre un século do nacemento de Enrique Líster, o colectivo A Oliveira de Teo lembra de novo ao veciño de Ameneiro Enrique Líster, canteiro, político comunista e xeneral, coa presentación da reedición do seu libro de memorias "Nuestra guerra. Memorias de un luchador".

O evento, que leva por título: "A memoria de Líster", contará coa presenza do editor do libro, Pedro García Bilbao, sociólogo, escritor e profesor universitario. A iniciativa da reedición deste libro partiu de Ediciones Silente

O venres 6 de xullo, no local da Sociedade Cultural e Recreativa de Calo, A Oliveira celebra esta nova xornada de recuperación de memoria histórica. O acto comezará as 9 da tarde.

Como continuación das xornadas adicadas no mes de abril ao canteiro, político comunista e militar natural da aldea de Ameneiro, da parroquia de Calo do concello de Teo, A Oliveira quérelle achegar ao público en xeral a reedición do libro de memorias que el escribiu, a edición moderna dun libro xa clásico.

O colectivo A Oliveira de Teo segue a traballar pola recuperación da Memoria Histórica, divulgando actos do noso pasado pouco coñecidos ou silenciados, e neste ano 2007 seguen ocupándose de Enrique Líster cando se cumpren 100 anos do seu nacemento.

6 de xullo de 2007

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez