
Despois do ano 2005 organizar a Asociación Niño do Vento deste concello de Teo unhas xornadas sobre Constante Liste, Tenente de Alcalde a altura do ano 1936, encadeado e asasinado, sen que ata a data aparecera o seu cadáver, un grupo plural de veciñas e veciños que colaboraron na organización destas xornadas, atendendo ao interese que espertou a súa celebración, decidiron fundar A Oliveira e poñerse a traballar nos eidos de defensa do Patrimonio e de recuperación da Memoria Histórica de Teo e comarca, infelizmente silenciada e manipulada desde os anos do fascismo ate hoxe..
A Oliveira é o nome do lugar onde apareceron tres cadáveres de “paseados” nos anos da guerra.
Presidenta: María Luísa Miras Gómez
Vicepresidenta: Pilar Buela Piedra
Secretario: Xosé Luís Santos Cabanas
Tesoureiro:José Salvador Pardo Martínez
Enderezo:
Ameneiro, Calo, 15866, Teo.
Teléfonos:
678 938 368
656 958 265
981 805 601
· E-mail:
memoriateo@gmail.com
· Web:
www.memoriateo.blogspot.com
http://memoriateo.blogspot.com/
Email: memoriateo@gmail.com
Páxina web: http://www.memoriateo.blogspot.com/

A Oliveira de Teo convoca un novo acto de recuperación de memoria para o vindeiro venres, día 21 de novembro, ás 20.30 h, na Mediateca Municipal O Grilo de Cacheiras.
Trátase da proxección da longametraxe documental “O Novo Emden”, no que se conta a derrota do barco do mesmo nome, que saíu ao mar, con 18 homes a bordo, no mes de agosto de 1937, do porto do Grove. O documental de Saga TV, está coproducido pola Televisión de Galicia e foi estreado no Grove en setembro do ano pasado. Unha semana despois, e máis adiante en diversas ocasións, foi emitido pola propia TVG.
En xuño deste ano, estreouse en Concarneau (Bretaña), e foi seleccionado no festival Memoriaimage que se celebra este mes en Reus (Cataluña) (www.memorimagefestival.org ) .
No acto da Oliveira en Cacheiras contaremos coa presenza do director, Marcos Gallego, que fará unha breve introdución ao seu filme.
A Oliveira convoca este novo acto coa mesma intención que se explica na páxina web do filme( www.novoemden.com ), no apartado de motivacións do director, onde se di:
“A intención última do documental “O NOVO EMDEN” é aportar unha nova ollada á nosa historia recente, a Historia de Galiza durante a II República e a Guerra Civil que ate agora foi construída de xeito incompleto, posto que nela omitiuse deliberadamente a visión dun sector da sociedade. Era pois unha historia construída por unha soa voz, a dos vencedores, e polo tanto necesariamente sesgada e interesada”.