Asociación Viguesa pola memoria histórica do 36

Asociación Viguesa pola memoria histórica do 36

Presidente: Telmo Comesaña

 

Noticias desta asociación

Exposición "Os logros da II República e a súa represión poa ditadura franquista"

Os días 2 e 3 de outubro, a Asociación Viguesa pola Memoria do 36 en colaboración con AFAR II REP, organizan unha mostra expositiva e unha mesa redonda en prol da memoria. Ambos actos terán lugar no Centro Cívico de Teis.

A exposición "Os logros da II República e a súa represión poa ditadura franquista", terá lugar o día 2 de outubro a partir das 18:00 h.

A mesa redonda "Hablar en libertade" (Ciclo de actos para la localización de víctimas y familiares de represaliados del franquismo), será o dia 3 de outubre 2008 de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30

A mesa contará cos seguintes ponentes:

Ana Viéitez, filla do mestre republicán represaliado en Galicia, e presidenta de afarIIREP.

Basilio Marín Ferrer, fillo de fusilado de Aragón, vicepresidente da Asociación Progresista de Mayores.

Telmo Comesaña, fillo de fusilado de Galicia, presidente da Asociación Viguesa pola Memoria do 36.

Visualizarase a proxección audiovisual, testemuña de:

Agustín Moreno Martínez, fillo do fusilado de Navarra.

23 de setembro de 2008

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez