Comisión Cidadá pola Verdade do 36

Comisión Cidadá pola Verdade do 36

A Comisión Cidadá pola Verdade do 36 é unha organización de ámeto comarcal que conta con representantes dos 5 concellos que compoñen a bisbarra do Baixo Miño. Os seus obxectivos fundamentais son: a recuperación da memoria histórica do período franquista, no noso espazo xeográfico, e o recoñecemento público da dignidade individual e colectiva de todas aquelas persoas que padeceron calquera tipo de represión dende 1936.

A Comisión naceu no outono de 1996, en Tui, e dende entón ten realizado un conxunto de actividades entre as que sobrancea a colocación dun monumento na memoria das vítimas, por suscrición popular, na Alameda de Tui. O monumento, obra do escultor galego Silverio Rivas, foi inaugurado o 27 de xuño de 1999.

A Comisión Directiva está formada por 8 persoas que representan aos diferentes concellos e conta cun número estable de colaboradores para o desenvolvemento das súas actividades.

Bieito Alonso Fernández - Portavoz

Camiño Novo 15-D. Ricamonde. 36715 Tui

Teléfonos: 986601424 - 610775380

E-mail: bieitoalonso@edu.xunta.es

Email: bieitoalonso@edu.xunta.es

 

Noticias desta asociación

III Xornadas sobre a represión antifranquistas do Baixo Miño: “Memoria e Nación

III Xornadas sobre a represión antifranquistas do Baixo Miño: “Memoria e Nación

A Comisión Cidadá pola Verdade do 36, do Baixo Miño, organiza as III Xornadas sobre a represión antifranquistas do Baixo Miño: “Memoria e Nación". As xornadas, apoiadas pola Consellaría de Cultura. Dirección Xeral de Difusión e Creación Cultural conta coa colaboración dos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Tomiño e Tui, que acolleran diferentes actos.

O programa de actividades é o que segue:

Martes 25 de novembro:

Mesa redonda, “A represión no ferrocarril”. Presentación de Bieito Alonso. Participan: Xosé Ramón Paz Antón, Moncho Iglesias e Dionisio Pereira. Centro Cultural (O Porriño).

20,30 h

Mércores 26 de novembro:

Conferencia de Natalia Jorge, “Isaura: unha vida solidaria”. Presentación de Mario Rodríguez. Centro Cultural de Figueiró. 20,30 h

Xoves 27 de novembro:

Presentación do volume “O Miño: unha corrente de memoria” (Eds. Alén Miño). Presenta Ramón Fernández Leal. Participan: X. Ramón Paz Antón, Carlos Méixome e Guillermo Rodríguez (editor). Área Panorámica (Tui). 20,30 h

Xoves 27 de novembro:

Conferencia de Xosé Manuel Malheiro, “Alonso Ríos: unha escola para o País”. Presentación de Marta Dacosta. Hotel Nueva Colina (Tomiño), 20,30 h

Venres 28 de novembro:

Conferencia de Bieito Alonso, “A memoria do agrarismo”. Presentación de Xosé Manuel Suárez. Casa do Concello (Salceda de Caselas). 20,30 h

Venres 28 de novembro:

Conferencia de Rafael Martínez Calzado, “Un alcalde agrarista, Daniel Calzado”. Presentación de Xosé Manuel Méndez. Centro Cultural de Cristelos. 20,30 horas.

Domingo 30 de novembro:

Estrea do documental “Afranio” (Alén Filmes) dirixido por Víctor Coyote. Con posterioridade á proxección haberá un coloquio no que participarán Víctor Coyote e o actor Luís Tosar. Modera, Xosé Manuel Méndez. Auditorio de Goián. 19,30 horas. Clausura das Xornadas a cargo de Rafael Martínez Calzado, secretario da Comisión Cidadá pola Verdade do 36, do Baixo Miño.

13 de novembro de 2008

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez