
A Comisión Irmáns Suárez Picallo é unha Asociación Cultural nacida en
Sada no ano 2007 co fin concreto de organizar un programa de actos para todo o ano 2008, logo de ser declarado institucionalmente polo Concello de Sada como Ano dos Irmáns Suárez Picallo. Así, entre os nosos obxectivos están os de difundir a obra, escrita e vital, de
Ramón, levándoo ao lugar que lle corresponde na memoria colectiva dos
galegos; é tamén dar a coñecer a Xohán Antón, vítima da represión
franquista que aínda non fora axeitadamente rehabilitado. Tamén cabía nas nosas intencións espertar entre os sadenses o interese por estas
dúas figuras, até entón ignoradas polos seus propios veciños.
Son fins principais da asociación:
a.- A recuperación da memoria histórica de sadenses ilustres, que por ser vítimas da represión franquista, as súas vidas, o seu pensamento e as súas obras son escasamente coñecidas, mesmo na terra onde naceron e en moitos casos, viviron. O noso punto de partida serán os irmáns Juan Antonio e Ramón Suárez Picallo.
b.- Promover o seu recoñecemento social e político na sociedade actual.
c.- A organización da homenaxe que para o Ano 2008 promove o Concello
de Sada en honor aos irmáns Suárez Picallo; que culminará coa traída
dos restos mortais de Ramón Suárez Picallo desde o cemiterio da
Chacarita, en Bós Aires (Arxentina) ao cemiterio do Fiunchedo, en Sada
(A Coruña), tal como era o seu desexo.
d.- A investigación da historia destes sadenses, a recopilación da sua
obra e a sua difusión.
e.- A creación de pontes de comunicación e intercambio cultural con aquelas persoas, instituciós e asociaciós dentro de Galiza e nas
comunidades galegas do exterior, con obxetivos similares.
f.- A produción, difusión e distribución de bens, servizos e produtos culturais propios, se fora necesario.
g.- A xestión e conservación do fondo de arquivos, que pasarían a
engrosar, posteriormente, o fondo bibliográfico da biblioteca pública
municipal “Ramón Suárez Picallo” de Sada.
Presidente: Francisco Arturo Pita
Fernández
Vicepresidente: Manuel Pérez Lorenzo
Secretaria: Rexina Basadre Orozco
Tesoureira: Rosario Fraga Martínez
Vocais:
Marisa Naveiro
Xulio Corredoyra
Rosario Vázquez Mourín
Isabel Aldao Losada
Soutovello, 10
Mosteirón
15168 Sada
Teléfonos: 639 24 37 46 - 665 80 15 57

Do 9 ao 14 de outubro, celebraránse en Sada, as II Xornadas Irmáns Suárez Picallo.
As xornadas contarán con diferentes actos como conferencias, presentacións de libros, mesas de encontro, concertos e distintas homenaxes no espazo público de Sada, que rematarán co traslado dos restos de Ramón Suárez Picallo ao cemiterio municipal.
Estes encontros están organizados pola Comisión Irmáns Suárez Picallo de Sada tendo como sede principal a Casa da Cultura "Pintor Llorens".
Descargar adxunto