
A Comisión Irmáns Suárez Picallo é unha Asociación Cultural nacida en
Sada no ano 2007 co fin concreto de organizar un programa de actos para todo o ano 2008, logo de ser declarado institucionalmente polo Concello de Sada como Ano dos Irmáns Suárez Picallo. Así, entre os nosos obxectivos están os de difundir a obra, escrita e vital, de
Ramón, levándoo ao lugar que lle corresponde na memoria colectiva dos
galegos; é tamén dar a coñecer a Xohán Antón, vítima da represión
franquista que aínda non fora axeitadamente rehabilitado. Tamén cabía nas nosas intencións espertar entre os sadenses o interese por estas
dúas figuras, até entón ignoradas polos seus propios veciños.
Son fins principais da asociación:
a.- A recuperación da memoria histórica de sadenses ilustres, que por ser vítimas da represión franquista, as súas vidas, o seu pensamento e as súas obras son escasamente coñecidas, mesmo na terra onde naceron e en moitos casos, viviron. O noso punto de partida serán os irmáns Juan Antonio e Ramón Suárez Picallo.
b.- Promover o seu recoñecemento social e político na sociedade actual.
c.- A organización da homenaxe que para o Ano 2008 promove o Concello
de Sada en honor aos irmáns Suárez Picallo; que culminará coa traída
dos restos mortais de Ramón Suárez Picallo desde o cemiterio da
Chacarita, en Bós Aires (Arxentina) ao cemiterio do Fiunchedo, en Sada
(A Coruña), tal como era o seu desexo.
d.- A investigación da historia destes sadenses, a recopilación da sua
obra e a sua difusión.
e.- A creación de pontes de comunicación e intercambio cultural con aquelas persoas, instituciós e asociaciós dentro de Galiza e nas
comunidades galegas do exterior, con obxetivos similares.
f.- A produción, difusión e distribución de bens, servizos e produtos culturais propios, se fora necesario.
g.- A xestión e conservación do fondo de arquivos, que pasarían a
engrosar, posteriormente, o fondo bibliográfico da biblioteca pública
municipal “Ramón Suárez Picallo” de Sada.
Presidente: Francisco Arturo Pita
Fernández
Vicepresidente: Manuel Pérez Lorenzo
Secretaria: Rexina Basadre Orozco
Tesoureira: Rosario Fraga Martínez
Vocais:
Marisa Naveiro
Xulio Corredoyra
Rosario Vázquez Mourín
Isabel Aldao Losada
Soutovello, 10
Mosteirón
15168 Sada
Teléfonos: 639 24 37 46 - 665 80 15 57
O vindeiro martes, día 14 de abril, ás 20.00 h. inauguraremos unha nova placa (en substitución da anterior, roubada recentemente) no monumento ás vítimas da represión franquista de Sada. Prégase a maior asistenza en sinal de protesta contra os atentados de que ten sido obxecto e como homenaxe aos nosos rerpesaliados.