Comisión pola Memoria e Dignidade do 36 no Concello de Mos

Presidenta: Ana Mª Aller

Vogais: Antonio Monroy
Ramon Perez

Teléfono:
625584534

Email:

Email: agarimoflor@hotmail.com

 

Noticias desta asociación

Homenaxe aos asasinados polo franquismo en Mos

Homenaxe aos asasinados polo franquismo en Mos

O vindeiro 20 de setembro ás 19,00h. terá lugar o acto de homenaxe aos asasinados polo rexime franquista no concello de Mos.

O acto, organizado polo Concello de Mos e a comisión dos familiares pola dignidade e memoria do 36 en Mos, celebrarase no aparcadoiro que se encontra ao carón do camposanto da vila.

Como testemuña da homenaxe, encargouselle ao escultor mosense Marcos Escudero un monumento aos falecidos que será para sempre o recoñecemento aos homes e mulleres que

defenderon a liberdade e a legalidade fronte a barbarie e a sen razón, rendendo homenaxe á memoria e á dignidade dos asasinados e as súas familias.

Finalizado o acto, e as 20.30 do serán terá lugar, no pazo de Mos unha charla-coloquio baixo o titulo "Mos, lugar da memoria e refuxio dos

fuxidos", que intentará dar luz aos acontecementos acaecidos dende o 18 de

xullo do 1936 ao ano 1945. Na mesma participarán os estudosos destes feitos: Carlos Méixome Quinteiro e Xosé Ramón Paz Antón.

Descargar adxunto
11 de setembro de 2008

Voltar

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez