A Coruña non esquece.
Comisión creada para recuperar e homenaxear ás vítimas da represión franquista na Coruña.
Presidenta:Beatriz Gómez Amigo
Secretario:Fernando Souto Suárez
Tesorero: Francisco Vidal Pose
Vogais: Andrés Yrugas González,
María Teresa Prego Teira, Beatriz
Parga Massa, Pablo Sexto, José Luis
Rodríguez Pardo, Plácido Lizancos Mora,
Manuel Monge González, Xosé Manuel Carril Vázquez
Rua Os Olmos nº 16-18 1º
15003 A Coruña
Teléfono(s):
Local 981 200869
Casa Presidenta 981279236
Movil Secretario 665425687
E-mail: crmhacoruna@gmail.com
Pax. Web: www.memoriadacoruna.com
Email: crmhacoruna@gmail.com
Páxina web: http://www.memoriadacoruna.com

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña prepara os actos conmemorativos ao redor do día da República para o vindeiro día mércores 14 de abril. Un dos actos centrais será homenaxe a Luisa Viqueira Landa. Nacida na Coruña en 1918, viviu a súa nenez entre a cidade herculina e a Quinta de San Vitorio de Vixoi (Bergondo). O seu pai era o filósofo galeguista Xoán Vicente Viqueira, profesor do instituto coruñés Eusebio da Guarda, e a súa nai Jacinta Landa, pedagoga estremeña, irmá da famosa mártir antifranquista Matilde Landa, que inspirou un poema a Miguel Hernández e unha canción ao grupo Barricada.Voltou á Galiza por primeira e única vez en 1979. Despois de seis meses de estadía regresou ao exilio mexicano porque, segundo as súas palabras, “non podo voltar onde a miña vida foi truncada”. No México DF, unha activista cultural e política galega disque espera morrer pensando na súa Galiza.
Descargar adxunto