As irmás Valle Valle (Celia e Clotilde), foron procesadas na causa 374/41
de León e Celia na 77/41 de Ourense. Foron condenadas a 12 anos e un
día (Celia nas dúas causas a esa mesma pena). Na causa de León, as dúas irmás son acusadas de enlaces cos fuxidos. Na que só
aparece Celia, o motivo de detención é estar un tempo fuxida e montar
unha pistola.
Clarisa Rodríguez Rodríguez foi procesada na causa 433/42 de Ourense na que foi absolta
por auxilio a fuxidos.