"Desde a súa fundación en 2004 a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) vén realizando toda unha serie de actividades dirixidas á investigación da nosa memoria histórica e de homenaxe ás vítimas do franquismo. Malia todos os avances realizados no ámbito da memoria, a problemática das fosas comúns existentes na Galiza seguía sendo unha ferida aberta na que aínda había traballo por facer. Desde finais de 2008, a CRMH iniciou o seu traballo na recuperación da historia dun episodio da nosa memoria recente, como foi o das persoas soterradas na fosa do cemiterio de Vilarraso, no concello de Aranga. A fin socialera evidente: rematar a través do coñecemento dos feitos coa dor das persoas que non só perderon familiares na represión, senón que padeceron toda a súa vida a incertidune do final dos seus seres queridos" [Editorial]
Emilio Grandío Seoane e Eliseo Fernández Fernández | A Coruña | CRMH d'AC | 47 páxinas |
2011