"A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organizou en xaneiro de 2009 o Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega coa participación dos maiores especialistas de Galiza nesta materia e dalgúns coñecidos estudosos de fórz do país.
Este libro recolle as actas dese Congreso coas contribucións de dezaseis especialistas, que poñen ao día o coñecemento sobre a resistencia armada ao franquismo dende distintos puntos de vista, pois presentan o fenómeno nos diversos ámbitos xeográficos, abordan o tema dende a perspectiva xurídica ou arquivística e afondan na análise concreta de períodos históricos, grupos humanos e individuales que conformaron a resistencia á ditadura.
Estas actas ofrecen ao público interesado na historia da resistencia guerrilleira un conxunto de textos de elevada calidade e de variada temática, que axudarán a comprender o fenómeno de guerrilla neste país e as vicisitudes dos seus protagonistas individuais e colectivos.
Agardamos que a edición deste conxunto de investigacións sexa útil para a nosa sociedade e poida servir para estimular a aparición de novas publicacións sobre a nosa contemporaeidade, traendo ao presente parte da nosa historia que algúns queren censurar."