"Convencido
de que achegar á sociedade o nome das vítimas, as voces e os lugares é
insuficiente, o autor afonda na memoria colectiva ata dar cos que
compuxeron o heterodoxo grupo dos erguidos en armas contra a II
República, os cómplices necesarios, as razóns da súa alianza e o porqué
dos seus actos e do seu acomodo no partido único. En A memoria e o
esquecemento tamén aparece recollido como, despois de trinta e nove
anos, moitos deles iniciaron un doce aggiornamento que os levou a
atravesar o Rubicón da transición convertidos en demócratas.
Froito da súa pescuda en arquivos do país pouco explorados ata o
momento, Gonzalo Amoedo analiza de forma exhaustiva neste libro a
organización interna da Falanxe na provincia de Pontevedra. O autor
informa dos distintos sectores da sociedade que participaron nos actos
da represión que se produciron durante os anos da ditadura franquista
achegando datos e materiais que serán de inescusable referencia no
futuro." [Editorial]
Gonzalo Amoedo López | Vigo | Xerais | 536 páxinas |
2011