Carlos F. Velasco Souto (Tomeza, Pontevedra, 1958), doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor na Facultade de Humanidades en Ferrol, asesor histórico do Proxecto de Investigación Interuniversitaria "As vítimas, os nomes e as voces" e especialista en temas de historia social de Galiza, ven de presentar este libro sobre a represión franquista en Oleiros. Publicado na colección Cadernos de Estudios Oleirenses da editorial Trifolium, A represión franquista en Oleiros (1936-1950) achégase á ditadura franquista contextualizado no concello de Oleiros (A Coruña), nun intento por botar luz a este capítulo da nosa historia.
Carlos F. Velasco Souto | Oleiros | Editorial Trifolium | 139 páxinas |
2008