"O rexime democrático xurdido tras as eleccións do 12 de abril de 1931 segue sendo un mundo alleo, misterioro e hermético. A Segunda República é unha grande descoñecida para a inmensa maioría da sociedade galega. resulta curioso contrastar esta idea con dúas circunstancias. A primeira, a constatación de que aquela democracia foi o referente histórico máis inmediato que tivo o proceso de transición política de mediados do anos setenta, e hoxe en día segue sen ter esa consideración social de xeito pleno" [Autor]
Emilio Grandío Seoane | Vigo | Edicións Nigra Trea | 285 páxinas |
2010