Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30

Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30

Benigo Álvarez naceu en Maceda en 1900, estudando primeiro en Ourense e logo en Compostela a carreira de Veterinario, profesión que exercia seu pai nesta vila ourensá.

En 1920 comeza a traballar en Ourense xa licenciado, sendo un dos fundadores do Colexio de Veterinarios da provincia en 1926. Sempre tivo un compromiso co agro galego, participando nun primeiro momento no movemento agrarista da man de Basilio Álvarez e, xa nos anos trinta, no P.C.E. En 1936 figurou nas listas do Frente Popular e, aínda que non saiu elixido deputado, foi compromisario na elección de Manuel Azaña como presidente da República. Fuxido ao monte tralo golpe de estado, é atopado morto (posiblemente de tuberculose) en marzo de 1937 na serra de San Mamede.

Benigno Álvarez foi unha figura central e relevante do movemento comunista en Galicia. Un líder para un partido, o comunista con plena emerxencia obreira e sindical nos anos da II República e cunha traxectoria de implantación que sería seiturada deliberadamente polo alzamento militar do 36. [Resumo]


Santiago Prol  |  Vigo  |  A Nosa Terra  |  211 páxinas  |  2008
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez