María Lopo
A investigadora María Lopo publica esta recompilación epistolar entre o último xefe de goberno da II República e líder progresista coruñés Santiago Casares Quiroga e a súa filla, a actriz hispano francesa María Casares. A relación tan estreita que sempre tiveron vese nesta colección de cartas reflectida. “Bitola”, así era chamada a filla, estivo en continuo contacto co seu pai no exilio, logo de ser vilipendiado por parte do exilio, polo franquismo, os galeguistas.... De certo que é un moi bo xeito de achegarnos á súa figura, desde un punto de visto máis íntimo e persoal, fóra da imaxe de gran político que sempre o acompañou.
“Trátase pois dunha correspondencia cruzada, motivada pola ausencia de María Casares do domicilio familiar de París, por causa de diversas rodaxes cinematográficas. A correspondencia posúe un gran valor humano e persoal, tal e como evidencia o feito de que a actriz consérvase estas cartas ata o final da súa vida, ela que de tantas outras pertenzas fundamentais –mesmo de correspondencia privada- decidiu desprenderse. A intensa relación de agarimo e complicidade entre pai e filla percíbese en cada liña.” (Resumo da publicación)
María Lopo, Cartas no exilio. Correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares (1946-1949), A Coruña, Baia Edicións, 2008, 166 p.