“El corazón helado é unha novela no sentido máis clásico do termo. É, de principio a fin, unha obra de ficción, e con todo, non quero nin podo advertir aos lectores que calquera semellanza do seu argumento ou as súas persoaxes coa realidade sexa unha mera coincidencia. O que ocurre é máis ben o contrario. Os episodios máis novelescos, máis dramáticos e inverosímiles de cantos teño narrado aquí, están inspirados en feitos reais” (páx. 924). Con esta declaración na “Nota da autora” engadida ao final baixo o epígrafe “Al otro lado del hielo” presenta Almudena Grandes esta impresionante novela, a máis ambiciosa das súas e a mellor, tanto pola inxente articulación de historias, sentimentos, pasións e emocións no seu contido, como pola artística maridaxe de tradición e modernidade na súa estructura narrativa.
Almudena Grandes | Barcelona | Tusquets Editores | 1248 páxinas |
2007