O profesor compostelán Núñez Seixas realiza neste estudo unha perfecta simbiose entre nacionalismos e guerra civil, non só atendendo ao nacionalismo belixerante español (ben sexa o republicano e progresista dos leais ao goberno democrático, ben o reaccionario e fascista dos mgolpistas) senón que presta unha especial atención á mobilización desencadeada por parte dos cataláns (ERC, sobre todo), vascos (PNV) e galegos (representado en figuras políticas como Castelao).
“La guerra civil española de 1936-1939 no solo fue un enfrentamiento entre fascismo y antifascismo, o entre modelos diferentes de sociedad. También fue un conflicto en el que el nacionalismo jugó un papel fundamental, en un triple sentido” (Resumo da publicación).
Xosé Manoel Núñez Seixas | Madrid | Marcial Pons | 477 páxinas |
2006