José Almoina, Pilar Fidalgo. Exilio. Dominicana  México

José Almoina, Pilar Fidalgo. Exilio. Dominicana México

"A vida e morte do lugués Almoina veu da man do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. A súa muller, Pilar Fidalgo, a súa sogra Hilaria carasa Hevia e os seus cinco fillos (o primeiro, José, falecido no exilio en Francia), Pilar, Helena, Leticia e Ulises sufriron esa vida e esa morte no exilio, na persecución e no medo a ser descubertos e asasinados até o tráxico final do asasinato de Almoina na capital mexicana por dous sicarios ás ordes do ditador dominicano Trujillo.

Moitos dos homes e mulleres galegos que tiveron que marchar cara ao exilio en 1939, sufriron outras ditaduras, outros exilios e a morte, nos países de acollida. A lista sería interminábel. Desde Alberto Fernández Mezquita, exiliado en Venezuela e despois en Cuba polo Golpe de Estado a Rómulo Gallegos, pasando por exiliados como Eugenio Granell en Guatemala, fuxindo da ditadura trujillista, ou o vilagarcián Ramón Varela, fuxindo das ditaduras brasileira e chilena dos anos 70 do século pasado, marchando cara a México." [Limiar]


Xurxo Martínez Crespo  |  Vigo  |  A Nosa Terra  |  155 páxinas  |  2009
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez