Abada Editores acaba de tirar do prelo La genealogía del franquismo. Violencia, memoria e impunidad da que é autor Antonio Míguez Macho.
Paul Preston salienta a súa oportunidade e importancia: «É imposible esaxerar a intensa relevancia actual deste libro de Antonio Miguez. Baséase nunha equilibrada análisis do chama "a práctica xenocida do franquismo" dentro dun amplo contexto comparativo que abrangue o nazismo, os estados comunistas do Leste, Ruanda, Cambodia e as ditaduras de América Latina».
No artigo de Míguez Macho, «Práctica genocida en España: Discursos, lógicas y memoria (1936-1977)», publicado en Historia Contemporánea 45, no ano 2012, podemos atopar un primeiro achegamento a temas e cuestións que se desenvolven con maior profundidade en La genealogía del franquismo. Violencia, memoria e impunidade.
Antonio Míguez Macho | Madrid | Abada Editores | 256 páxinas |
2014