Cando xa levaba uns anos vivindo en España, Jason Webster descubriu que as feridas da guerra civil non cicatrizaran aínda, e decidiu recorrer o país buscando as pegadas do que os seus amigos autóctonos preferiran silenciar. Atopounas no campo, cando unha muller maior amosoulle unha fosa común de soldados republicanos. Nos hangares dunha zona industrial, onde o público dun combate ilegal de boxeo levaba o escudo da Falange. Este é un singular libro de viaxes que recorre lugares e escenas do presente que revelan até que punto perviven os medos e os odios, como seguiron filtrándose entre os españois durante xeracións e por que é necesario romper o pacto de silencio establecido durante a transición.
En paralelo, o autor recorre algúns momentos e escenarios da contenda, e narra con enorme forza episodios como o voo do xeneral Franco no Dragon Rapide, o emprego da radio como medio de propaganda por parte de Queipo de Llano e o bombardeo de Guernika
Jason Webster | Madrid | Los Libros del Lince | 272 páxinas |
2008