Memorias Rotas. A balada do comandante Moreno

Memorias Rotas. A balada do comandante Moreno

Este documental é unha das poucas crónicas audiovisuais existentes referidas á Guerra Civil español en Galicia. Outubro de 1937. Cae Asturias en mans do exército franquista. Cercados, os combatentes republicanos intentan fuxir por mar. Un grupo de loitadores antifascistas galegos, pertencentes ao Batallón Galicia e liderados polo anarquista José Moreno Torres, diríxense a Galicia perdéndose o se urastro  nos montes do Acevo.

Nin os seus familiares nin os seus compañeiros souberon nunca cal fora o destino deste grupo de homes. Con todo, e a pesar da represión que instaurou durante anos o franquismo, nos pobos próximos o Acevo comezou a circular un romance popular que daba conta dos seus últimos momentos.

Quen de nenos foron testemuñas daqueles sucesos, ou recptores dos relatos de quen os contemplaron, dan conta en Memorias Rotas do doloroso destino que no pobo do Acevo sufriron o comandante Moreno e os seus compañeiros.  [Sinopse]

Manane Rodríguez  |  España  |  Xamalú Filmes e TVG  |  Documental, 66 minutos, cor  |  2009
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez