"Este libro nace ao abeiro dun proxecto educativo interdepartamental concibido no CPI Alfonso VII de Caldas de Reis ao comezo do curso escolar 2005-2006. A organización correu a cargo dos departamentos de Lingua galega e Literatura e de Ciencias Sociais, coa implicación do Equipo de Normalización Lingüistica.
O obxectivo era achegarlles, de xeito variado e atractivo, contidos en relación co "ano da memoria histórica" e mais co mundo da diáspora galega -na súa dobre vertente de emigración e exilio- aos escolares do centro, en especial aos maiores, o alumnado de 4º da ESO. Para iso deseñouse unha programación debidamente secuenciada que permitise ir desenvolvéndoa e adaptándoa ao longo do caendario escolar" [...][limiar]
Xoán Carlos Domínguez Alberte e Raúl Soutelo Vázquez (coords. e eds.) | Caldas de Reis | 159 páxinas |
2006