O Miño, unha corrente de memoria. Actas das xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño (2006-2007)

Esta compilación de conferencias recolle as charlas dos encontros celebrados en 2006 e 2007 na comarca pontevedresa do Baixo Miño e organizados pola Comisión Cidadá pola Verdade do 36 do Baixo Miño, con sede en Tui. Tratáronse temas relacionados coa represión franquista en Pontevedra desde diferentes puntos de vista: literatura, historia ou memoria persoal.

"A memoria é fundamento esencial da escrita literaria en todas as súas variantes xenéricas. Pero mesmo no caso das modalidades máis cinxidas ao referente persoal e documental, o substrato memorístico resulta transformado por mediación dos aparellos artísticos da linguaxe. O escritor non procura a obxectividade referencial senón a transformación artística da materia evocada." (Xosé María Álvarez Cáccamo)

Bieito Alonso Fernández  |  Vigo  |  Alén Miño  |  283 páxinas  |  2008
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez