O que fixemos en Galicia. Ensaio sobre a práctica xenocida

O que fixemos en Galicia. Ensaio sobre a práctica xenocida

Gañador do I Premio de Investigación Alexandre Bóveda, o traballo do doutor Miguez Macho "O que fixemos en Galicia. Ensaio sobre a práctica xenocida", trátase dun estudo teórico baseado na reflexión interdisciplinaria sobre o xenocidio, a través do concepto entre xurídico e sociolóxico desta práctica violenta de retagarda, que comezou en Galicia dun xeito inmediato ao triunfo dos golpistas en 1936. Para a realización desta investigación, o autor realizou diferentes achegas á represión franquista da guerra civil partindo da definición e delimitación do concepto da práctica xenocida, para establecer diferentes liñas de análise e investigación, moitas delas interrelacionadas con outras disciplinas e con outros contextos.


Antonio Miguez Macho  |  Ourense  |  Difusora de Letras, Artes e Ideas  |  191 páxinas  |  2009
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez