Por medio desta pequena achega historigráfica queremos poñer en valor e dar a coñecer a un personaxe esquecido que pasou por Galicia deixando sobradas mostras de saber e de compromiso co desenvolvemento do país, a todos os niveis, nun momento de grande importancia, aínda que efémero. Nos estamos a referir á década dos trinta do pasado século. Desgrazadamente, un pasa á historia cando escribe algo, mais hai outro tipo de pegadas que permanecen, aínda que neste caso non sexan moitas, as poucas pegadas que temos del son suficientes para catalogar ao personaxe como senlleiro motor de iniciativas no difícil terreo das ciencias experimentais aplicadas á industria, na perspectiva de facer país. [Editorial]
Ricardo Gurriarán Rodríguez | Vigo | Pio García Edicións | 168 páxinas |
2009