Perfecto Lorenzo Calviño. Os pasos pola vida dun comunista galego

Perfecto Lorenzo Calviño. Os pasos pola vida dun comunista galego

A Nosa Terra preséntanos os escritos recollidos en memorias dun antifranquista galego, o comunista Perfecto Lorenzo Calviño. Natural do concello pontevedrés de Lalín, foi, como outros moitos, obrigado a alistarse no exército franquista en 1936, feito que aproveitou para, cando lle foi posible, pasarse ás ringleiras leais da República. Neste texto, vai relatándonos como foi a súa vida de loita, tanto no propio bando republicano, no exilio e na resistencia contra os nazis en Francia como na clandestinidade e no cárcere franquista. Trátase, xa que logo, dun bo exemplo de loita, imaxe daquelas persoas que incluso poñendo en xogo a súa propia vida loitou polo que desde un primeiro momento atopou xusto.

Perfecto Lorenzo Calviño (Alemparte, Lalín, 1918) foi un activista comunista na maior parte da súa vida. Mobilizado polos militares golpistas na Galiza de 1936, cruzou en canto puido para a zona republicana e sumouse ao exército leal cruzando as liñas da fronte, Formado militarmente como oficial, tras a derrota de 1939 veuse abocado a diversos Campos de internamento no sur de Francia. Tras a invasión nazi deste país participou na resistencia e, logo da liberación, foi dos que se sumou á operación guerrilleira do Val de Arán. En 1945 volve a entrar en España co fin de integrarse na guerrilla. Detido pola Garda Civil en Asturias é condenado a 30 anos de prisión. Cumpriría catorce deles en distintas prisións e cadeas franquistas. [Resumo]


Xosé Enrique Acuña (Prol.)  |  Vigo  |  A Nosa Terra  |  346 páxinas  |  2009
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez