A Nosa Terra ven de publicar unha pequena biografía de Placeres Castellanos, muller culta con simpatías comunistas. Na II República participou activamente en política xunto ao seu marido, o mestre Víctor Fraiz.
O golpe de estado de xullo de 1936 sorprendeuna en Madrid a onde se desprazara cunha comisión do Socorro Rojo Internacional, polo que puido salvar a vida non así o seu marido e fillos que foron asasinados.
"1936 é sinónimo de persecución e morte para moitas mulleres galegas. Tamén o foi para Placeres Castellanos e a súa familia, que nunca puideron esquecer aquel tráxico ano que marcou para sempre as súas vidas. A Placeres os miliatres matáronlle o seu home e tres fillos e ela mesma tivo que se exiliar para salvar a súa vida logo de exercer labores de solidariedade co exército republicano" [Editorial]
Elsa Quintas Alborés | Vigo | A Nosa Terra | 159 páxinas |
2008