La Voz de Galicia, 1 de xuño de 2007
Este salvaxe pesadelo. Salamanca na guerra civil española saca á luz o diario do que foi alcalde da capital salmantina durante a meirande parte da república, Casto Prieto Carrasco, quen tras ser encarcerad morreu fusilado ós 49 anos, días despois de estalar a contenda. O libro, presentado onte, recolle episodios protagonizados polo escritor Miguel de Unamuno.