O fotógrafo Xurxo Lobato amósanos nesta publicación as facianas do tempo e do sufrimento. Son homes e mulleres que sufriron na súa pel a traizón, a humillación e o desprezo do seu país. Agora, setenta anos despois preséntanse ante os nosos ollos tal e como son, fieis representates da memoria de seus pais, irmáns, homes.....
“A conversión da memoria privada, fragmentada, agochada, tolleita, en historia común é a grande tarefa nesta altura. So iso permitirá converter en historia un pasado que seguiu aberto e que, como evidencia plasticamente esta exposición, segue aberto nos supervivientes daquela época e nos seus fillos e fillas” (Lourenzo Fernández Prieto).
Xurxo Lobato | Santiago de Compostela | Xunta de Galicia | 100 páxinas |
2007