Manuel Díaz González nacido no Incio en 1886, despois de estudar a carreira de Medicina na Universidade de Santiago entre 1906 e 1914, exerceu a profesión de médico municipal no seu concello natal, do que tamén foi elixido alcalde e, máis tarde. deputado provincial por Lugo.
Fiel partidario da II República e de tendencia galeguista militou no Partido Republicano Galego e en Izquierda Republicana e ao producirse o levantamento militar de 1936, el e toda a súa familia foron ferozmente perseguidos ata que o 11 de setembro dese ano, o médico Manuel Díaz González foi asasinado e tivo que ser furtivamente enterrado nunha improvisada fosa próxima ao cemiterio do Incio. [Editorial]
José Luis Díaz Gómez | Santiago de Compostela | Edicios do Castro | 112 páxinas |
2010